Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza á empresa Maderas Betanzos, S.L. a modificación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, se aproba o seu proxecto de execución e se modifica a inclusión no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 944/1994).

Visto o escrito presentado pola empresa Maderas Betanzos, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na estrada de Castila, s/n, Betanzos, A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 24 de maio de 1995, a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizarlle administrativamente á citada empresa, dedicada ó serrado de madeira, a instalación dunha planta de coxeración de 4.500 kW alimentada por fuel na súa factoría do concello de Betanzos (A Coruña), así como concederlle a condición de autoxerador eléctrico de acordo co disposto no Real decreto 907/1982, do 2 de abril, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica, quedando polo tanto incluída no réxime especial de productores de enerxía eléctrica, de acordo coa disposición transitoria segunda do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica

por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables.

Con data do 31 de marzo de 1997, esta dirección xeral resolveu aproba-lo proxecto de execución orixinal da planta.

Segundo.-Con data do 24 de outubro de 1997, Maderas Betanzos, S.L., debido a problemas de interconexión coa liña eléctrica da empresa subministradora, solicitou a aprobación dun novo proxecto de execución que solventa os citados problemas, aportando o preceptivo proxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguiría coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Tres motores alimentados por gasóleo, de 1.154 kW cada un; tres xeradores síncronos trifásicos de 1.350 kVA c/u; un centro de transformación r/t 0,38/15-20 kV formado por tres transformadores de potencia 1,6 MVA c/u e un trafo de servicios auxiliares de 160 kVA, montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido na mencionada Resolución do 31 de marzo de 1997, calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real

decreto 2366/1944, do 9 de decembro, aplicables a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizárlle-la modificación da instalación da planta de coxeración autorizada á empresa Maderas Betanzos, S.L..

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da dita planta de coxeración.

Terceiro.-Modifica-la inclusión da citada instalación no réxime especial do Real decreto 2366/1994 de acordo coas novas condicións autorizadas.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación ou notificación.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1983