Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación da asistencia técnica consistente na redacción do estudio informativo, cartografía e estudio do impacto ambiental da vía de alta capacidade de Pontevedra á autovía das Rías Baixas e á autoestrada Santiago de Compostela-Ourense (clave PO/98/1-G-20-1).

Concurso de procedemento aberto con tramitación anticipada.

Orzamento: 77.117.426 ptas. (setenta e sete millóns cento dezasete mil catrocentas vinteseis pesetas).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono nº: (981) 54 49 86, telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia, provincia de Pontevedra.

3. a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión.

A indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

b) Referencia da devandita norma legal, regulamentaria ou administrativa.

Prego de prescricións técnicas particulares.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas, deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

4. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

5. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o mellore.

6. Prazo de execución do contrato.

12 meses.

7. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no apartado número 1.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 6 de maio de 1998

8. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 18 de maio de 1998, ás 11 horas.

9. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.542.349 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (3.084.697 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

10. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase a tanto alzado segundo o establecido no parágrafo 12 do prego de cláusulas técnicas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

12. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

16. Data de envío do anuncio.

16 de marzo de 1998.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

16 de marzo de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 1-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2402