Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, da titularidade da empresa Castromil, S.A., que a continuación se indican:

* V-0430; XG-024, de Vilagarcía de Arousa a Vigo e a Bouzas.

* V-0461; XG-028, de San Clemente a Pontevedra, con anexos.

* V-0684; XG-043, de Campo Lameiro a Santiago de Compostela, con anexos.

* V-7022; XG-396, da Coruña a Vigo e a Muros, con anexos e anexos-desviación.

Para a substitución das concesións terase en conta este proxecto e non o sometido a información pública no BOE do 7 de febreiro de 1992 e DOG do 18 de febreiro de 1992.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes da Coruña (estación de autobuses), Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-entreplan

ta) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2475