Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 6 de febreiro de 1998 pola comisión deliberadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e as obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 6 de febreiro de 1998 pola comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción e das centrais sindicais FEMCA-UGT, 36,3%; CC.OO., 31,7%; USO, 10,5% e CIG 17,3%, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1998, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de febreiro de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Acta

-Asistentes:

Representación sindical:

Por FEMCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Por CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Por CIG:

Iñaki García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Susana Ribeira Fernández.

Luis Vigo Lage.

Representatividade no sector:

Convenio de edificación e obras públicas:

Por FEMCA-UGT 36,3% de representación.

Por CC.OO. 31,7% de representación.

Por USO 10,5% de representación.

Por CIG 17,3% de representación.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Manuel Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel Glez. Zaera Glez.

Silvano Pizarro Gómez.

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 6 de febreiro de 1998, reúnense os representantes das centrais sindicais e de

APEC que se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de edificación e obras públicas, con obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 1998.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Adapta-lo calendario laboral á xornada de 1.764 horas anuais que se xunta.

Segundo.-Considerar días de descanso, no convenio de edificación e obras públicas, os seguintes días:

-2 e 5 de xaneiro, 23 de febreiro, 20 de marzo, 13 de abril, 4 horas do día 23 de decembro, 24 de decembro e o día 31 de decembro.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta en Lugo o 6 de febreiro de 1998.

Calendario laboral correspondente ás actividades de edificación e obras públicas

da provincia de Lugo para o ano 1998

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FNDom.Dom.8FN88Sáb.88Dom.8

20888Sáb.88Dom.8888
3Sáb.888Dom.8888Sáb.88

4Dom.88Sáb.88Sáb.88Dom.88
5088Dom.88Dom.8Sáb.F.L.8Sáb.

6FN8888Sáb.88Dom.88Dom.
78Sáb.Sáb.88Dom.8888Sáb.FN

88Dom.Dom.8888Sáb.88Dom.FN
9888FNSáb.88Dom.8888

10Sáb.88FNDom.8888Sáb.88
11Dom.88Sáb.88Sáb.88Dom.88

12888Dom.88Dom.8Sáb.FN8Sáb.
1388808Sáb.88Dom.88Dom.

148Sáb.Sáb.88Dom.8888Sáb.8
158Dom.Dom.8888FN88Dom.8

168888Sáb.88Dom.8888
17Sáb.888Dom.8888Sáb.88

18Dom.88Sáb.88Sáb.88Dom.88
1988FNDom.88Dom.8Sáb.88Sáb.

2088088Sáb.88Dom.88Dom.
218Sáb.Sáb.88Dom.8888Sáb.8

228Dom.Dom.8888Sáb.88Dom.8
238088Sáb.88Dom.8884

24Sáb.F.L.88Dom.8888Sáb.80
25Dom.88Sáb.88FN88Dom.8FN

26888Dom.88Dom.8Sáb.88Sáb.
2788888Sáb.88Dom.88Dom.

288Sáb.Sáb.88Dom.8888Sáb.8
298Dom.8888Sáb.88Dom.8

30888Sáb.88Dom.8888
31Sáb.8Dom.88Sáb.0

1.932144144160152160176184168176160168140

NOTA:

1. As festas locais 24 de febreiro e 5 de outubro, refírense ó concello de Lugo. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP número 241, do 20-10-1997.

2. Os días sinalados commo (0), teñen tratamento de festivo no ano 1998, para dar cumprimento ó artigo 70 do convenio xeral do sector da construcción do 21-10-1997 (BOE do 5-12-1997), sen perderen, polo tanto, o seu carácter laboral para futuros convenios. Os traballadores que non desfrutasen de descanso os días sinalados con 0 horas, anteriores á publicación deste calendario, poderán desfrutalos o día anterior ou posterior á festividade local.

3. Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (0), este pasarase ó día anterior ou posterior laboral.

4. Nos concellos que non sexa festivo local o martes de Entroido (24 de febreiro) pasarase ó día anterior ou posterior do primeiro festivo local.

2267