O artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. En virtude do anterior,
DISPOÑO:
Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998, do director da Escola Galega de Administración Pública ás seguintes persoas:
-Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.
-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.
-Javier Suárez García, director xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
2472