Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 92/1998, do 20 de marzo, polo que se concede a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando Henrique Cardoso, presidente da República Federativa do Brasil.

En atención ós méritos que concorren en Fernando Henrique Cardoso, presidente da República Federativa do Brasil, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando Henrique Cardoso, presidente da República Federativa do Brasil.

Santiago de Compostela, vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2481