Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

Eu, María Begoña González Pedregal, secretaria-interventora do Concello de Lourenzá, provincia de Lugo, certifico: que o Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 19dezanove de xaneiro de 1998 adoptou, entre outros, o acordo que copiado literalmente do borrador da acta é do seguinte teor:

5º. Aprobación das modificacións números 1, 2, 3, 4 e 6 do proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá.

Considerando que o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 13-12-1996, adoptou o acordo de inicia-lo expediente de modificación puntual das NNSS de planeamento do concello de Lourenzá á vista do informe do arquitecto técnico municipal, encargándoselle a súa redacción á enxeñeira de Camiños, Canles e Portos Mª Luisa Menéndez Miramontes, redactora das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello.

Considerando que o proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá, redactado, inicialmente, con cata de maio de 1997 por Mª Luisa Menéndez Miramontes, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 9-6-1997.

Considerando que foi exposto ó público polo prazo dun mes para efectos de reclamacións mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia nº 132 con data do 10-7-1997 e no BOP nº 152 con data do 4-7-1997, sen que durante o dito período se presentasen alegacións a este.

Considerando que, posteriormente, e unha vez transcorrido o prazo de exposición ó público, o con

cello remitiu copia do expediente á Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo da Consellería de Cultura, para que informase ó respecto e que o dito organismo, con data do 18-8-1997, resolve informar favorablemente, o que se lle comunica ó concello mediante escrito número 2.301 con data do 20-8-1997.

Considerando que o concello lle remitiu tamén a copia do expediente á Xefatura Provincial de Estradas do Ministerio de Fomento, para o seu informe e que o dito organismo emitiu informe con data do 15-9-1997 no que se fan modificacións importantes ó proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá aprobado pola Corporación.

Considerando que dado que o concello debía adapta-lo seu proxecto de modificación ó informe antes aludido do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Estradas (Demarcación de Estradas do Estado de Lugo) e que, ó supoñer modificacións substanciais no proxecto de modificación inicial, o arquitecto técnico municipal informa de que deben aparecer recollidas no proxecto de modificación das NNSS en tramitación.

Considerando que o Pleno da Corporación, de conformidade co disposto no artigo 43 da Lei 1/1997 do 27 de marzo, do solo de Galicia e por considerar de carácter substancial as modificacións indicadas polo Ministerio de Fomento, aproba de novo o proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá, redactado por María Luisa Menéndez Miramontes con data de outubro de 1997, coa inclusión das modificacións substanciais aludidas, na sesión de carácter extraordinario celebrada o día 22 de outubro de 1997.

Considerando que o dito proxecto foi de novo exposto a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia nº 211, do 31-10-1997, no BOP nº 245, do 24-10-1997, e no xornal El Progreso, con data do 26-10-1997, todo segundo o disposto nos artigos nº 42 e 43 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Considerando que durante o prazo de exposición ó público foi presentada unha alegación do BNG que foi rexeitada na sesión plenaria de carácter ordinario celebrada o día 19-1-1998.

Considerando que con data do 11-12-1997 se remitiu copia do expediente á deputación provincial de conformidade co disposto no artigo 44.2º da Lei 1/1997 xa citada, e que o dito organismo emitiu informe favorable do dito proxecto, segundo certificación do acordo da Comisión de Goberno con data do 26-12-1997 remitida polo dito organismo.

Considerando que o dito proxecto de modificación puntual, segundo o disposto no artigo 41.3º da citada Lei 1/1997, do solo de Galicia, foi remitido á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo, para o seu informe.

Considerando que a dirección xeral emitiu informe favorable en relación coas modificacións nº 1, 2, 3 e 4 e en relación coa modificación nº 6, aconséllase emenda de deficiencias polo propio concello.

Considerando que se emite informe desfavorable da modificación nº 5 do dito proxecto.

Considerando que a redactora do proxecto e en relación coa modificación nº 6 emitiu o seguinte informe:

«No apartado III-2 (observacións á modificación nº 6).

Neste sentido, só procede reitera-la exposición que figura na memoria do proxecto sobre o contido desta a modificación, a cal se refire unicamente á corrección dun erro material de imprenta ó omitirse no texto refundido definitivamente aprobado un cadro que si figuraba no documento sometido a aprobación inicial relativo a condicións particulares das edificacións de utilidade pública ou interese social no solo non urbanizable común.

Para facilita-lo manexo do actual documento, o concello desexa substituír no seu contido, gráfico e escrito, as páxinas que se van modificar polas modificadas, co que (como igualmente se explica na memoria do proxecto) a inclusión co cadro supón cambiar a un formato maior (de A-4 a A-3) a correspondente páxina e, en consecuencia, figura nela o artigo 341-a) a que se refire o informe da consellería, aínda que non sufrise reforma ningunha e, por tanto, non deba ser obxecto de análise.

Entendemos, pois, que o seu tratamento se debeu a un malentendido do fundamento desta modificación 6ª por parte da consellería.

Non obstante, e a maior abundamento, as determinacións contidas, tanto no cadro do artigo 339 coma no dito artigo 341-a, sobre a parcela mínima edificable, xa cumpren a condición establecida no 77.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, de non ser inferior á unidade mínima de cultivo establecida pola lexislación agraria para o municipio de Lourenzá, que é de 2.000 m

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria, e unha vez visto o contido da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación de competencias en materia urbanística, acordou:

Primeiro.- Aprobar definitivamente con seis votos a favor, os do grupo popular, e catro abstencións, as do grupo do BNG, e polo tanto co quórum da maioría legal prevista no artigo 43.3i da Lei básica de réxime local, do 2 de abril de 1985, as modificacións números 1, 2 e 3, contidas no proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá, redactado por Mª Luisa Menéndez Mira

montes con data de outubro de 1997 e consistentes en:

1ª.- Modificación do trazado da rúa que vai da de Bispo Villarroel cara ó Castro.

2ª.- Modificación da aliñación da rúa Doutor Rubiños.

3ª.- Modificación do trazado da marxe dereita de acceso á Cazolga desde a marxe dereita da estrada N-634.

Segundo.- Aprobar definitivamente e por unanimidade, e polo tanto con maioría legal prevista, as modificacións números 4 e 6 do proxecto xa aludido e denominado proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á Lasga das NNSS de planeamento urbanístico de Lourenzá (outubro de 1997) e consistentes en:

4ª.- Mellora de acceso a Lourenzá, desde A Cazolga. Comprende dúas actuacións:

4.1.- Alargamento do camiño que comunica a estrada da Cazolga con Vilanova de Lourenzá a través do núcleo de Maderne.

4.2.- Recuado de terreos con ordenanza 02 nas proximidades do enlace de acceso a Lourenzá desde a estrada N-634.

6ª.- Modificación relativa á inclusión dun cadro relativo a condicións particulares das edificacións de utilidade pública ou interese social, na ordenanza de solo non urbanizable común.

Terceiro.- Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e xuntamente co proxecto que conteña as normas e as ordenanzas, no BOP na forma regulamentaria.

Cuarto.- Remitirlle copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do proxecto de modificación cos planos e documentos que o integran á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en cumprimento do disposto no artigo 8.a) da xa citada Lei 7/1995, do 29 de xuño.

E para que conste, expídese a presente certificación de orde e co visto e prace da alcaldesa-presidenta e a advertencia do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real decreto 2568/1996, do 28 de novembro, en Lourenzá o nove de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

A alcaldesa-presidenta

Rubricado

2454