O Concello Pleno, en sesión do día 9 de marzo de 1998, acordou:
1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para o cuarteirón 13 do polígono de Los Rosales, presentado por Promociones Antonio Ares Pardo, S.L.
2. Aprobar así mesmo, a parcelación que se contén no estudio de detalle.
3. Somerte-lo expediente a información pública mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e prensa local.
O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 12 de marzo de 1998.
O alcalde
P.D.
Salvador Fernández Moreda
2466