Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 9 de marzo de 1998, acordou:

1. aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado polas entidades Cricorde, S.L. e outros, C.B. e Inmobiliaria Monte Mar, S.L. para reordena-las plantas baixas nas parcelas 25-A e 25-B do polígono de Los Rosales.

2. Somete-lo expediente a información pública mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

2465