Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.532.326 e tres máis).

A) Obra.

Saneamento e abastecemeto en Toubes e outros (San Cristovo de Cea-Ourense).

Clave: OH.532.326.

Orzamento: vintedous millóns de pesetas (22.000.000).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Colectores de saneamento no polígono industrial de San Cibrao (San Cibrao das Viñas-Ourense).

Clave: OH.332.328.

Orzamento: sesenta e seis millóns cincocentas mil pesetas (66.500.000).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento nos Blancos. (Os Blancos-Ourense).

Clave: OH.332.329.

Orzamento: vintenove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas sete pesetas (29.999.907).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Rede de sumidoiros en Albeos (Crecente-Pontevedra).

Clave: OH.336.377.

Orzamento: vinteseis millóns cincocentas trinta e tres mil novecentas sesenta pesetas (26.533.960).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día trece (13) de abril de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vintetrés (23) de abril de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

2437