Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto da obra: ampliación de colectores e E.D.A.R. secundaria de Nigrán (Pontevedra).

1.-Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela.

A Coruña (España).

Teléfono: (981) 54 45 51.

Telefax: (981) 54 45 29.

2.- a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación.

Ampliación de colectores e E.D.A.R. secundaria de Nigrán (Pontevedra).

De clave: OH.336.379, orzamento estimado: 1.199.930.982 ptas. (mil cento noventa e nove millóns novecentas trinta mil novecentas oitenta e dúas pesetas).

3.- a) Lugar de execución: termo municipal de Nigrán (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Recóllense con estas obras as augas residuais do municipio de Nigrán, mediante a construcción de colectores primarios e secundarios, incluíndo así mesmo o acondicionamento dos bombeos, pretratamento e emisario existentes para conducilos á E.D.A.R. de tipo biolóxico proxectada para unha poboación equivalente de 70.000 habitantes.

-Colectores interceptores:

2682 m.l., fibrocemento (500 m.m.).

1092 m.l., fibrocemento (400 m.m.).

1880 m.l., fibrocemento (300 m.m.).

-Colectores secundarios:

5160 m.l., formigón (300 m.m.).

-Colector emisario:

1240 m.l., fibrocemento (800 m.m.).

-Estación de bombeo e impulsión:

1460 m.l., polietileno (400 m.m.).

-Acondicionamento de bombeos (8) e pretratamento existente.

-Obras auxiliares:

Pozos de rexistro (319) e reposicións (5.835 m).

-E.D.A.R:

Poboación equivalente: 70.000 habitantes (Q=20.000 m/día).

Orzamento estimado: 1.199.930.982 ptas.

Mil cento noventa e nove millóns novecentas trinta mil novecentas oitenta e dúas pesetas.

4.- Prazo de execución eventualmente imposto.

45 meses.

5.- a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6.- a) Data límite de recepción das ofertas: 8 de maio de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7.- a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 18 de maio de 1998, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda.

8.- De se-lo caso fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (23.998.620 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9.- Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan.

Pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10.- Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11.- Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12.- Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13.- Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15.- Información complementaria.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17.- Data de envío do anuncio.

17 de marzo de 1998.

18.- Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

17 de marzo de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

2470