Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.833

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998 pola que se crea o ficheiro de datos de carácter persoal do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira.

Primeiro.-O Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) dependente do Igape dispón do seguinte ficheiro automatizado no que se conteñen e procesan datos de carácter persoal: ficheiro de subministradores de maquinaria, tecnoloxía e servicios.

Segundo.-O ficheiro de subministradores de maquinaria, tecnoloxía e servicios contén os datos de fabricantes e distribuidores comunitarios e non comunitarios de maquinaria e equipos susceptibles de seren utilizados por empresas relacionadas co sector forestal, ben directamente ou coas adaptacións pertinentes, así como os datos de subministradores de tecnoloxías xenéricas e específicas e das empresas de servicios das que poderían beneficiarse as empresas e profesionais do sector forestal de Galicia.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal rexistrados no ficheiro automatizado a que se refire o punto primeiro recolléronse tanto de fontes accesibles ó público, como mediante enquisa directa e só serán utilizados para os fins expresamente previstos, tendo acceso directo ós ditos datos os subscriptores da base de datos do CIS-Madeira.

Cuarto.-A responsabilidade sobre o ficheiro automatizado correspóndelle, baixo a autoridade do Consello de Dirección do Igape e o seu presidente, ó director xeral do Igape sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponde lle ó xefe de cada unha das áreas ou unidades involucradas. Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercese ante o director xeral do Igape (rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela).

Quinto.-En caso de cesión de datos ós servicios de estatística das administracións públicas aplicarase ademáis a normativa vixente en materia de estatística.

Sexto.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego

de Promoción Económica

2261