Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 4 de marzo de 1998 pola que se fixan as tarifas para a utilización de determinados servicios ofrecidos polo Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Instituto Galego de Promoción Económica. (Igape).

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto fixa-los prezos privados que vai percibir o Instituto Galego de Promoción Económica no Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) como contraprestación pola subscrición e utilización dos seguintes servicios: revista CIS-Madeira, base de

datos CIS-Madeira, conferencias e seminarios impartidos por técnicos do CIS-Madeira.

Artigo 2º.-Revista técnica.

A tarifa de subscrición á revista de carácter técnico CIS-Madeira, cunha edición cuadrimestral, será de 5.000 ptas. anuais.

Artigo 3º.-Base de datos.

O CIS-Madeira dispón dun servicio de bases de datos e a súa tarifa de subscrición é de 10.000 ptas. anuais. A información que poderán solicita-los subscritores deste servicio é a seguinte:

ConceptoTarifas

1. Base de axudas e subvencións100 ptas. por páxina impresa

2. Base de cursos e seminarios100 ptas. por páxina impresa

3. Base de subministradores de

maquinaria, tecnoloxía e servicios100 ptas. por páxina impresa

4. Normativa200 ptas. por páxina impresa

5.Gastos de envío por correo45 ptas. por envío

6. Gastos de envió por fax114 ptas. por copia

A consulta da base de datos realizada polo subscritor deberá facerse por escrito (correo ou fax) dirixido ás oficinas do CIS-Madeira e a información será remitida polo mesmo sistema.

Artigo 4º.-Servicios integrados.

Aquelas persoas físicas ou xurídicas, que estean radicadas en Galicia ou que teñan algún centro de traballo nesa Comunidade Autónoma e que realicen unha actividade económica relacionada co sector forestal poderán subscribir un contrato para a utilización dos servicios integrados do CIS-Madeira, é dicir, a subscrición á revista e ás bases de datos do CIS-Madeira, conxuntamente, aplicándose os ditos subscritores destes servicios integrados unha reducción do 10% nas tarifas aplicables ó resto dos servicios que preste o CIS-Madeira, que se encontran recollidos na Orde do 3 de xullo de 1997 da Consellería de Economía e Facenda. A tarifa aplicable ós subscritores deste servicios integrados será de 40.000 ptas. ó ano.

Artigo 5º.-Seminarios e conferencias.

A tarifa aplicable polo CIS-Madeira en relación cos seminarios e conferencias que imparten os seus técnicos será de 30.000 ptas./hora.

Artigo 6º

O código correspondente ó prezo polo que se fixan as tarifas na presente orde será o 36.28.00, servicios ofrecidos polo CIS-Madeira (Igape), e nestas non está incluído o IVE correspondente.

Disposición derradeira

A presente orde complementa a Orde do 3 de xullo de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, e entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

2081