Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/116-2, 4807 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. C.T. en Avda. de Portugal, 62.

Situación: Rábade.

Descricións técnicas: liña demedia tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.Z.1 12/20 kV. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico na zona Avda. de Portugal, 62, concello de Rábade.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 18 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1790