Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/115-2, 4806 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Penachá en San Miguel de Reinante.

Situación: Barreiros.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-110, en doble circuíto sobre torres metálicas,cunha lonxitude de 376 metros, entroncará na L.M.T. Foz-Ribadeo, e terminará no C.T. Penachá, para mellora do servicio eléctrico na zona, San Miguel de Reinante, concello de Barreiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 18 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1789