Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 2 de marzo de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican xuros de demora dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, Sección de Sucesións e Doazóns, relativo ó contribuínte que se cita (Pérez Crujeiras, Luz Mª.).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os xuros de demora relativos ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria (Sección de Sucesións e Doazóns) en aplicación do artigo 58.2 e), da Lei xeral tributaria na redacción dada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento xeral de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestativo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1 portal oficinas 2ª planta-Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, sen que poidan simultanearse os recursos.

Contribuínte: Pérez Crujeiras Luz M.

Enderezo: praza de Portugal, 2-1º Dta.-Vigo.

Contía: 43.778 ptas.

Concepto: xuros de demora. Expte.: 245/98-Z-Sucesións. Expte. de referencia: 1112/92.

DNI: 36.124.509L.

Vigo, 2 de marzo de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2158