Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.782

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a Blanca Nieves Miranda Blanco (praza 25/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a prol de Blanca Nieves Miranda Blanco, con documento nacional de identidade número 36.072.664 e cumprindo a inte

resada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Blanca Nieves Miranda Blanco, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicacióin no BOE.

Vigo, 26 de febreiro de 1998.

Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2139