Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 16 de decembro de 1997 (DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1998 e corrección de erros do DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo I da presente orde e declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo II da orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO I
Apelidos e nome: Bolas Leiros, Francisco.
Número de rexistro persoal: 3603727257 A1135.
Grupo: C.
Posto de traballo: secretario.
Código do posto: PE.C03.00.000.15770.001.
Nivel: 18.
Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Mariños.
Localidade: Santiago de Compostela.
ANEXO II
Posto de traballo: Subdirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.
Código do posto: PE.C04.00.001.15770.001.
Nivel: 30.
Dependencia: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.
Localidade: Santiago de Compostela.
2123