Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.779

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 11 de marzo de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, mediante Orde do 6 de febreiro de 1998 (DOG nº 35, do 20 de febreiro de 1998), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indica ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Apelidos e nome: Rouco Salvado, Natividad.

NRP ou DNI: 33.252.927.

Grupo: D.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: secretaria do secretario xeral.

Cod. posto: CUC020000015770003.

Nivel: 18.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Precedo Castro, Mª Angustias.

NRP ou DNI: 33.233.126.

Grupo: D.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: secretaria do director xeral.

Cod. posto: CUC050000015770001.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Localidade: Santiago de Compostela.

2232