Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/370-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Os Triguillois-Arnois (San Xiao).

-Situación: A Estrada.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 6 da L.M.T. ó C.T. Reigada ata o C.T. que se proxecta nos Triguillois-Arnois (San Xiao), concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 73 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1784