Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
-Denominación: L.M.T. e C.T. Escubichas II.
-Situación: Baiona.
-Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Gond. 8.03 alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Escubichas II, con
cello de Baiona. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización des instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
1780