Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Orensana de Maderas, S.A., co último enderezo coñecido no polígono industrial A Uceira, C 1, 32500 O Carballiño, de Ourense, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de cento sesenta e tres mil trescentas quince (163.315) pesetas en concepto de incumprimento das condicións esixidas para a concesión de subsidiación ó tipo de xuro, segundo expediente remitido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

2072