Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/1996).

Declarada de urxente a instalación da liña eléctrica a 20 kV trazada desde o centro de transformación de Cabanas ó de Franza, concellos de Cabanas, Fene, Ares e Mugardos (expediente 3/1996), para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso por Decreto 335/1997, do 6 de novembro (Diario Oficial de Galicia, do 26 de novembro de 1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación anexa, que o

representante e o perito da Administración se constituirá nos predios o día 31 de marzo de 1998, a partir das 10.30 horas no predio número 43 do concello de Fene, e a partir das 12.30 horas nos predios número 17, 33 e 54 do Concello de Mugardos, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas consistoriais de Fene e Mugardos as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Advírtese ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o estiman cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, ós sós efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 3/1996Provincia: A Coruña

L.M.T. Cabanas-Franza T-IIConcello: Fene

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº

apoiommlm

43Río SandreuLabradíoMaría Golpe CastroAvda. Naturales, 12/1-4º, 15500 Fene64640

L.M.T. Cabanas-Franza T-IIProvincia: A CoruñaConcello: Mugardos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº

apoiommlm

17BarracidoMonte baixoHros. Antonio RíosSaavedra Meneses, 27, 15624 Ares880

33O EstancadoMonte altoJosé Vizoso VilasPorto Burela, taller mecánico, 27880 Burela27114224

54O EstancadoMonte altoJuan Marta del RíoPardiñas, 1-9º, 15401 Ferrol30480

1747