Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Fuentes Hidalgo, Fernando e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación dos artigos 9 e 22.1º da Lei 29/1987, do 18 de decembro, e a disposición adicinal (D.A.) 7a. da Lei 29/1991, do 16 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñe son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestativo de resposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, Praza de América bloque 1 portal oficinas 2ª planta-Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 18 de febreiro de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Fuentes Hidalgo, Fernando

DNI 14.125.222W

García Barbón, 76-13 E

Vigo

93.861Liquid.650400147568

Expte.482/95

González Sotelino, Antía

DNI 36.148.246C

Presentadora:Pérez Pérez, Beatriz Margarita

Fragoso, 75

Vigo

38.210Liquid.650400156382

Expte.1146/95

Iriarte Pérez, Margarita

DNI 35.921.691S

Presentador: Durán Iriarte, Ángel Moisés

Oporto, 10

Vigo

60.457Liquid.650400154867

Expte.52/96

1591