Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (238/1997-V).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado e con número 238/1997-V se tramitan autos de xuízo de faltas por substracción, nos cales se acordou citar a Manuel Cunha Rodrigues para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o próximo día vinte de marzo ás doce trinta horas co fin de asistir como denunciante á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se for parte, cos medios de proba de que intente valerse, baixo apercibimento de que se non o fixer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia expido o presente edicto en Santiago de Compostela o once de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

1967