Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.663

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 4 de marzo de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo mediante Orde do 9 de xaneiro de 1998 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Castro Allegue, Francisco M.

NRP ou DNI: 32.646.234.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Posto de traballo: subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

Cód. do posto: CUC040000115770001.

Dependencia: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Tizón Martín, Alberto.

NRP ou DNI: 33.194.325.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Posto de traballo: subdirector xeral de Telecomunicación e Audiovisual.

Cód. do posto: CUC050000115770001.

Dependencia: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Minguez-Goyanes de la Rica, José Luis.

NRP ou DNI: 32.426.725.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Xestión Administrativa.

Cód. do posto: CUC991000015001059.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

1715