Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.663

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de marzo de 1998 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola Orde do 26 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 26, do 9 de febreiro de 1998) en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 3327155302 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: de la Fuente Torres, Mª Josefa.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 18.

Código posto: PRC020000015770001.

Centro directivo: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

2089