Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.648

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Peluquería Madrid.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Peluquería Madrid que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-1-1998, e posteriormente rectificado con data do 12-2-1998, subscrito en representación da

parte económica pola representante legal da empresa, e da parte social pola delegada de persoal o día 18-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funicóns e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificacion, ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceira.-Dipoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

A Coruña, 17 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na cidade da Coruña, ás dezanove horas do día dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, reúnese, por parte do sindicato de CC.OO., a delegada da empresa Isabel Teillet Fernández, DNI 10.555.267, coa empresaria Mª del Pilar Ferreño Corral, DNI 9.616.527, co obxecto de pactar, como tódolos anos, o aumento salarial para o ano en curso, e con iso dar cumprimento ó artigo 2 do vixente convenio de empresa.

Ámbalas partes acordan un aumento do 3% do salario do anexo I da táboa salarial do ano anterior, así como que todo o persoal, de estar de acordo, asine a nova táboa salarial.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.

Para o presente ano, tendo en conta o IPC do ano anterior, auméntase o 3% nos soldos dos traballadores da empresa; con isto dáse cumprimento ó disposto no artigo 2 do vixente convenio de empresa.

Táboa salarial

ANEXO I

Oficial maior: 2.686 pesetas.

Oficial de primeira: 2.471 pesetas.

Oficial de segunda: 2.347 pesetas.

Axudante: 2.345 pesetas.

ANEXO II

Oficial maior: 1.321.550 pesetas.

Oficial de primeira: 1.230.175 pesetas.

Oficial de segunda: 1.177.475 pesetas.

Axudante: 1.176.625 pesetas

Como aval do acordo, así o asinan as partes.

1707