Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo (código 2700645), asinado o día 29 de decembro de 1997, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo e das centrais sindicais FES-UGT, CIG-Banca e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de xaneiro de 1998.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo

Capítulo I

Unidades de negociación

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se subscribe está integrada pola parte empresarial, pola Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, e por parte dos traballadores Comisións Obreiras (CC.OO.), Federación Provincial de Servicios de UGT (FES-UGT Lugo) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación de presente convenio de acordo co que establece o título III do vixente Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995.

Capítulo II

Ámbitos, vixencia e denuncia

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que na actualidade ou no sucesivo presten os seus servicios nestas empresas, reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades reguladas pola ordenanza laboral para oficinas e despachos, data do 31 de outubro de 1972.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Lugo.

Artigo 5º.-Ámbito temporal e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997, con independencia da data da súa publicación no BOP.

A duración será ata o 31 de decembro de 1998, entendéndose prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

Artigo 6º.-Denuncia.

Calquera das dúas partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a denuncia deste á outra parte e á autoridade laboral competente, con tres meses de antelación -como mínimo- á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das suas prórrogas.

Capítulo III

Representación das partes negociadoras

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia no presente convenio.

Esta comisión estará formada por catro representantes da asociación empresarial; dous de CC.OO; un de CIG; e outro de FES-UGT, que figuran como asinantes do presente convenio.

Para os únicos efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:

Pola representación económica: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, sita na praza de Sto. Domingo, 6-8, 2ª, de Lugo.

Pola representación social: Comisións Obreiras, na Ronda da Muralla 58, baixo de Lugo; Federación de Servicios (FES-UXT Lugo) na Ronda da Muralla 58, 1ª de Lugo e Converxencia Intersindical Galega (CIG), na Ronda da Muralla, 58, baixo de Lugo.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:

a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.

Aquelas empresas que teñan establecida xornada continuada durante todo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.

b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 1 de xullo ó día 30 de setembro, ámbolos dous inclusive, agás as asesorías contables e fiscais, que poderán optar, de acordo coas obrigas do calendario fiscal, polo período comprendido desde o 20 de xullo ó 12 de outubro.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro de cada ano non serán laborables.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Ós traballadores interesados concederánselles -necesariamente- os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Matrimonio de ascendentes, descendentes e colaterais ata o terceiro grao de consanguinidade e afinidade, o día en que se celebre a cerimonia.

c) Por nacemento de fillo: 3 días.

d) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, e fillos: 5 días. Pais políticos: 2 días.

e) Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 3 días, que se ampliarán ata 5 días se o óbito acontecese en provincia distinta á do centro de traballo. Pais políticos, tíos e cuñados: 1 día; 2 se é fóra da provincia.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: ata un máximo de 3 días non acumulables a vacacións. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a súa necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: observarase o lexislado nesta materia.

h) O tempo necesario para a realización de exa mes en centros oficiais.

i) 2 días por mudanza por cambio de domicilio.

Os días ós que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais e enténdense sen prexuízo do establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se des

frutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións fixarnas pa empresa e os delegados de persoal ou comités de empresa, onde os haxa, ou, no seu defecto, quen designen os traballadores.

A data de comezo do desfrute farase coincidir cun luns laborable, agás cando se trate dun mes natural.

Capítulo V

Percepcións económicas

Artigo 11º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual corresponden a cada unha das categorías profesionais, os que se detallan na primeira columna das táboas salariais anexas, que reflicten un incremtnto para o ano 1997 do 2,75% e para o ano 1998 do 2,6%.

Establécese para o ano 1998, o segundo de vixencia do presente convenio, unha cláusula de revisión no suposto de que o IPC real oficial estatal correspondente ó ano 1998 supere o 2,6%, no exceso da indicada cifra, e con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 12º.-Remuneración anual.

En cumprimento do que dispón o artigo 26.5º do vixente Estatuto dos traballadores detállanse na segunda columna da táboa salarial anexa os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías, consistente en trienios por un importe do 6% do salario base, que se devengarán desde o día primeiro de mes no que se cumpra o trienio.

En todo caso, seguirán percibindo as cantidades que tiveran devengadas en concepto de antigüidade na data de entrada en vigor deste convenio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en calquera caso, supoñer máis do 60%.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias e participación en beneficios.

Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias cada ano: unha no mes de xullo, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores percibirán outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual forma cás anteriores.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano percibirá as gratificacións

extraordinarias e a participación de beneficios en proporción ó tempo traballado.

Aqueles traballadores que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real seguirán excepcionalmente coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

As pagas correspondentes ós meses de marzo e setembro poderán rratearse ó longo do ano por acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 15º.-Incapacidade temporal (I.T.).

En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal transitoria, as empresas, afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboarlle ó traballador nesta situación o 100% do salario correspondente no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariais

Artigo 16º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deba efectuar saídas fóra do concello no que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

-Axuda de custo completa: fixarase na contía de 2.300 ptas. para tódalas categorías. Para o ano 1998 a mencionada contía será de 3.000 ptas., igualmente para tódalas categorías.

-Media axuda de custo: será do importe do 50% da contía anterior, igualmente para tódalas categorías.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese para tódaslas categorías profesionais un plus de transporte por mes efectivamente traballado na contía de 5.000 ptas./mes.

Artigo 18º.-Gastos de locomoción e quilometraxe.

O traballador que, por necesidades do servicio, se teña que despraza fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 24 pesetas quilómetros.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 19º.-Cadros de persoal.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos, clasificaranse como xefes superiores.

b) En dependencias con dez ou máis traballadores dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado que se atope á fronte deles terá a categoría de xefe de primeira.

c) Nos centros de traballo onde se presten os seus servicios un número de sete traballadores dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores clasificados como oficial ou aimilado, estará a fronte deles un xefe de segunda.

Artigo 20º.-Ascensos.

Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ó vinte por cento do cadro de persoal.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.

Os auxiliares administrativos con catro anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo; e ó cumpri-los nove anos ascenderá automaticamente a oficial de primeira.

O ordenanza, ós catro anos de servicio na empresa pasará automaticamente á categoría de conserxe, e ós nove anos, á de conserxe maior.

O auxiliar especialista de oficina con máis de tres anos na súa categoría dentro da empresa, ascenderá automaticamente á categoría de calcador.

Os cobradores ó cumpriren dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse -exclusivamente para efectos económicos- ós oficiais de segunda administrativos.

Mozos dos recados, ó cumpriren os dezaoito anos, pasarán automaticamente á categoría de ordenanza.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 21º.-Dereitos sindicais.

En todo o concernente ós aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, observarase ó que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical.

Artigo 22º.-Revisións médicas.

Tódalas empresas vinculadas ó presente convenio colectivo, estarán obrigadas por solicitude do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, ou da mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, cun recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o dito recoñecemento será aboado pola empresa.

Capítulo IX

Contratación

Artigo 23º.-Contratación eventual.

No uso da posibilidade prevista no artigo 15.1º.b, do Estatuto dos traballadores, modificado por Real

decreto lei 8/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos en tal artigo, cunha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a trece meses e medio, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Capítulo X

Cómputos e vinculación

Artigo 24º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 25º.-Vinculación e totalidade.

Como se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberadoras deste, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con olvido das restantes, senón que para tódolos efectos o presente convenio se aplicará e observará na súa totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdicción competente, no exercicio das súa facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, e levarase a cabo unha nova negociación.

Disposición derradeira

No non establecido de forma expresa no presente convenio, aplicarase a ordenanza laboral para oficinas e despachos, do 31 de outubro de 1972, mentres non sexa substituída por un acordo marco estatal ou autonómico.

Táboa salarial do convenio de oficinas e despachos de Lugo

Vixencia 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesional

Soldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo I. Titulados
Titulado grao superior121.3331.941.328
Titulado grao medio109.5331.752.528

Categoría profesional

Soldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo II. Administrativos
Xefe superior109.5331.752.528
Xefe de 1ª107.9421.727.072
Xefe de 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros104.6251.674.000
Traductor e intérprete xurado de máis dun idioma104.6251.674.000
Oficial 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado un idioma96.1391.538.224
Operador máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista96.1391.538.224
Recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona96.1391.536.224
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma91.3651.461.840
Reporteiro de axencia de información91.3651.461.840
Traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores91.3651.461.840
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador79.4311.270.896
Aspirante55.826893.216

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior109.5331.752.528
Xefe de 1ª, xefe de equipo de informática107.9421.727.072
Analista, programador de ordenadores107.9421.727.072
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación104.6251.674.000
Programador de máquinas auxiliares, administrador de test104.6251.674.000
Coordinador de tratamento de cuestionarios104.6251.674.000
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios103.0351.648.560
Delineante, proxectista97.0681.553.088
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores96.1391.538.224
Delineante91.3651.461.840

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas101.3071.620.912
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores96.1391.538.224
Encargado departamento de reprografías96.1391.538.224
Operador de máquinas básicas, debuxante91.3651.461.840
Entrevistador, enquisador91.3651.461.840
Calcador, perforista, verificador, clasificador84.4711.351.536
Auxiliar79.4311.270.896
Aspirante55.826893.216

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior84.4711.351.536
Conserxe81.1541.298.464
Ordenanza79.4311.270.896
Mozo dos recados de 17 anos54.237867.792
Mozo dos recados de 16 anos46.942751.072

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro91.3651.461.840
Oficial de 1ª, conductor de 1ª88.0511.408.816
Oficial de 2ª, conductor de 2ª84.4711.351.536
Axudante, operador reproductor de planos81.1541.298.464
Operador multicopista e serocopista81.1541.298.464
Peón, mozo, limpador, limpadora de xornada completa79.4311.270.896

Táboa salarial do convenio de oficinas e despachos de Lugo

Vixencia 1-1-1998 ó 31-12-1998

Categoría profesional

Soldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo I. Titulados
Titulado grao superior124.4881.991.808
Titulado grao medio112.3811.798.096

Categoría profesional

Soldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo II. Administrativos
Xefe superior112.3811.798.096
Xefe de 1ª110.7481.771.968
Xefe de 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros107.3451.717.520
Traductor e intérprete xurado de máis dun idioma107.3451.717.520
Oficial 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado un idioma98.6391.578.224
Operador máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista98.6391.578.224
Recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona98.6391.578.224
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma93.7401.499.840
Reporteiro de axencia de información93.7401.499.840
Traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores93.7401.499.840
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador81.4961.303.936
Aspirante57.277916.432

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior112.3811.798.096
Xefe de 1ª, xefe de equipo de informática110.7481.771.968
Analista, programador de ordenadores110.7481.771.968
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación107.3451.717.520
Programador de máquinas auxiliares, administrador de test107.3451.717.520
Coordinador de tratamento de cuestionarios107.3451.717.520
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios105.7141.691.424
Delineante, proxectista99.5921.593.472
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores98.6391.578.224
Delineante93.7401.499.840

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas103.9411.663.056
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores98.6391.578.224
Encargado departamento de reprografías98.6391.578.224
Operador de máquinas básicas, debuxante93.7401.499.840
Entrevistador, enquisador93.7401.499.840
Calcador, perforista, verificador, clasificador86.6671.386.672
Auxiliar81.4961.303.936
Aspirante57.277916.432

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior86.6671.386.672
Conserxe83.2641.332.224
Ordenanza81.4961.303.936
Mozo dos recados de 17 anos55.647890.352
Mozo dos recados de 16 anos48.162770.592

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro93.7401.499.840
Oficial de 1ª, conductor de 1ª90.3401.445.440
Oficial de 2ª, conductor de 2ª86.6671.386.672
Axudante, operador reproductor de planos83.2641.332.224
Operador multicopista e serocopista83.2641.332.224
Peón, mozo, limpador, limpadora de xornada completa81.4961.303.936

1621