Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 20 de febreiro de 1998 sobre delegación de competencias para a revogación dos títulos-licencia das axencias de viaxes.

O Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, vén establece-la competencia para outorga-los títulos-licencia das axencias de viaxes a favor do conselleiro competente en materia de turismo. Este órgano é igualmente competente para a revogación deses títulos.

Mediante Orde do 12 de xaneiro de 1998 delegáronse no director xeral de Turismo as competencias de concesión de títulos-licencia de axencia de viaxes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a autorización de novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxe xa autorizadas.

Do mesmo xeito, e co obxecto de mante-la uniformidade dos procedementos administrativos relativos ás empresas turísticas e evita-la excesiva concentración de funcións arredor do titular da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dado o seu volume, resulta conveniente recorrer á delegación de competencias no director xeral de Turismo, sen esquece-lo debido respecto ós principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio tanto da Administración como dos administrados dentro do máis rigoroso respecto ás garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos esixe.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que confiren os artigos 43.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e

13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase no director xeral de Turismo a seguinte competencia:

-A revogación dos títulos-licencia das axencias de viaxes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación conferida por esta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade delegante.

Artigo 3º

En calquera momento, o conselleiro poderá reclama-lo exercicio da competencia que se delega pola presente orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

2055