Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 3 de febreiro de 1998 pola que se convocan os programas «Ven ó Camiño Francés» e «Ven á Ruta Marítima Xacobea».

Advertido erro na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 46, do luns, 9 de marzo de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 2.324, base oitava, onde di: «As viaxes celebraranse durante os meses de marzo, abril, maio...», debe dicir: «As viaxes celebraranse durante os meses de abril, maio, xuño...».

2262