Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do E.D. entre as rúas Ronda de Don Bosco, Enrique Blein Budiño e rúa Venezuela (expediente 4528/411).

O Pleno de Concello de Vigo en sesión do día 2 de marzo acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle delimitado polas rúas Ronda de Don Bosco, Enrique Blein Budiño e rúa de Venezuela aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación deste concello na sesión do 3 de marzo de 1995, formulado por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., e conforme a documentación elaborada polo arquitecto Ramón Corrochano Casares, visada polo COAG coa data do 19 de setembro e 16 de outubro de 1997, consonte os informes e demais documentación que consta no expediente administrativo.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorados o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 6 de marzo de 1998.

José A. Gil Sotres

Alcalde accidental