Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da reforma do estudio de detalle da U.E. V-02 Vista Alegre (expediente 4458/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do día 13 de decembro de 1997 acordou aprobar definitivamente a reforma do estudio de detalle na U.E. V-02 Vista Alegre, presentada pola entidade Veinte de Julia Minguillón, S.L., e redactado polos arquitectos José A. Comesaña García e Dolores Somoza Rodríguez-Escudero e visada polo COAG en data 1 de xullo de 1997, conforme a documentación que consta no expediente, nos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 23 de xaneiro de 1998.

Manuel Pérez Alvarez

Alcalde

2195