Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.609

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (508/1997).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe:

Que nos autos de xuízo de cognición seguidos co número 508/1997, por instancia de PSA Credit España, S.A., Entidad de Financiación, contra Daniel

Fernández Vázquez, sobre cognición, se dictou a resolución do teor literal seguinte:

Únase o anterior escrito presentado polo procurador García-Piccoli Atanes ós autos da súa razón. E como neste se solicita, ó esta-lo demandado nestes autos en ignorado paradoiro, sexa emprazado este mediante edictos, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que o demandado Daniel Fernández Vázquez compareza en autos no prazo improrrogable de nove días.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Daniel Fernández Vázquez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación e emprazamento, en Santiago de Compostela o once de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O/a secretario/a

Rubricado

2059