Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.609

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (224/1997).

Eu, María Cristina Navares Villar, xuíza de primeira instancia e instrucción de Negreira e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición, baixo o número 224/1997, por instancia de Banco Central Hispanoamericano contra José Manuel Camiño Camiño.

Que por resolución do día da data se acordou emprazar e polo presente edicto emprázase a José Manuel Camiño Camiño, en ignorado paradoiro, co fin de que o prazo improrrogable de nove días compareza en autos, baixo apercibimento de que, de non o verificar, será declarado en rebeldía, continuando o xuízo o seu curso e recaendo sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Dado en Negreira sete de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

1373