Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.607

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, do tribunal III-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 33, 36, 37, 39, 46, 97, do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 3 de marzo de 1998 polo tribunal III-1C designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 33, 36, 37, 39, 46, 97, do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242 do 12-12), acordouse:

1º Que o terceiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso ás categorías de encargado/a supervisor/a de telefónica (33) e de rexedor/a de escena (39) do grupo III que superaron o segundo exercicio terá lugar o día 24 de marzo de 1998, ás 17 horas, no Seminario A da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (Polígono das Fontiñas), en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.50 horas.

2º Que o terceiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso ás categorías técnico/a de son (37) e técnico/a de máquinas do IGAEM (46) do grupo III que superaron o segundo exercicio terá lugar o día 26 de marzo de 1998, ás 17 horas, no Seminario A da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.50 horas.

3º Que o terceiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría auxiliar de son (97) do grupo III que superaron o segundo exercicio terá lugar o día 30 de marzo de 1998, ás 17 horas, nas dependencias do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), sitas na Vía Faraday, nº 39, no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.50 horas.

4º Que o terceiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría experto/a audiovisuais (36) do grupo III que superaron o segundo exercicio terá lugar o día 31 de marzo, ás 16.30 horas, nas dependencias da Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria, sitas en San Lázaro, nº 107, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.20 horas.

5º Os aspirantes de tódalas categorías deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), e con bolígrafo.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal

2037