Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio Téxtil da Coruña, e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 27-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións en servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil da Coruña (27-1-1998)

Asistentes:

-Pola parte empresarial: Antonio Vila, Julio Diéguez, Carlos Maisón (Asociación Provincial de Empresarios de Comercio Textil de A Coruña).

-Pola parte social: Nieves Montes (UGT), Luis Soto (CIG), José Ramón Grela (CC.OO.).

Na Coruña, ás 11 horas do día 27 de xaneiro de 1998, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense os integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio téxtil da Coruña, para proceder á elaboración das táboas salariais do ano 1998, de conformidade co acordado no convenio colectivo vixente.

Para tal efecto, acordan o seguinte:

1. Aprobar como táboas salariais para o ano 1998 as que figuran como anexo desta acta, resultantes

de aplica-los incrementos establecidos nos artigos 7 e 8 do vixente convenio colectivo.

2. O plus de transporte para o ano 1998 pasa a ser de 8.856 pesetas mensuais, en 11 pagas.

3. Autorizar a José Ramón Grela Castro para que proceda a cumpri-los trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación desta acta e o seu anexo.

E, ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 12 horas da data arriba indicada.

Convenio colectivo provincial de comercio téxtil da Coruña

Táboas salariais ano 1998

ANEXO

Mensual

ano 1998

Anual

ano 1998

Antigüedad

cuatrianio

ano 1998

Grupo I
-Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior121.5211.822.8156.040
Titulado grao medio108.0231.620.3455.369
Técnico sanitario94.5381.418.0704.699
Axudante94.5381.418.0704.699

Grupo II
-Persoal non mercantil non titulado:
Director132.3101.984.6506.577
Xefe de división121.5211.822.8156.040
Xefe de persoal, xefe de compras,

xefe de vendas e encargado xeral

121.5211.822.8156.040
Xefe de almacén108.0231.620.3455.369
Xefe de grupo105.2691.579.0355.233
Xefe de sección mercantil102.6291.539.4355.100
Intérprete, viaxante e corredor de praza94.5381.418.0704.699
Encargado establecemento, vendedor

e comprador

99.9511.499.2654.968
Dependente91.8201.377.3004.564
Dependente maior100.6791.510.1855.004
Axudante78.3571.175.3553.895
Traballadores menores de 18 anos68.0401.020.6002.688

Grupo III
-Persoal Admvo. técnico non titulado

e persoal Admvo.:

Director132.3101.984.6506.577
Xefe de división121.5211.822.8156.040
Xefe administrativo108.0231.620.3455.369
Secretario e contable94.5381.418.0704.699
Xefe de sección administrativa105.2691.579.0355.233

-Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, Taquim. idioma estranxeiro97.0591.455.8854.824
Maq. contable, operador e oficial Admvo.94.5381.418.0704.699
Auxiliar Admvo. ou perforista91.8201.377.3004.564
Aspirante de 16 a 18 anos68.0401.020.6002.683
Auxiliar de caixa83.7671.256.5054.163

Grupo IV
-Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección de servicios105.2681.579.0205.233
Debuxante e escaparatista99.9511.499.2654.968
Axudante montaxe, delineante, rotulista e visitador81.0341.215.5104.027
Cortador94.5381.418.0704.699
Axudante cortador, xefe de taller e

persoal oficio

86.4451.296.6754.297

Mensual

ano 1998

Anual

ano 1998

Antigüedad

cuatrianio

ano 1998

Capataz Prof. oficio 2ª e 3ª, axudante mozo, especialista, Telefon. e ascensor83.7671.256.5054.163
Mozo, empaquetadora e repasadora81.0341.215.5104.027

Grupo V

-Persoal subalterno:
Conserxe, cobrador, vixilante, porteiro, sereno, ordenanza81.0341.215.5104.027
Persoal de limpeza con 18 anos ou máis79.1391.187.0853.934
Persoal de limpeza por hora504

1974