Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998 relativa á adxudicación do concurso para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da prestación dos servicios de revisión médica dos deputados e deputadas e do persoal funcionario de carreira, interino e eventual do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de prestación de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 7/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de prestación de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso para a contratación da prestación dos servicios de revisión médica dos deputados e deputadas e do persoal funcionario de carreira, interino e eventual do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 14, do 22 de xaneiro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de febreiro de 1998.

b) Contratista: Consolación Blanca Corredoira Ferreiro.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), IVE incluído.

No suposto de que algunha das persoas beneficiarias non realice a revisión médica, descontarase do prezo a parte proporcional do custo imputable a cada persoa. A dita cantidade vén determinada polo resultado de dividi-lo prezo de adxudicación polo número de persoas beneficiarias.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia