Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998 relativa á adxudicación do concurso para a subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 1998.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de prestación de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 13/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso para a contratación da subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 1998.

c) Lotes: dous (lote nº 1: material informático e lote nº 2: material audiovisual).

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 17, do 27 de xaneiro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oito millóns trescentas cincuenta mil pesetas (8.350.000 ptas.), IVE incluído.

Lote nº 1, material informático: 5.500.000 ptas.

Lote nº 2, material audiovisual: 2.850.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de febreiro de 1998.

b) Contratista:

Lote nº 1, material informático: Papel Natural, S.L.

Lote nº 2, material audiovisual: Spica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: oito millóns trescentas cincuenta mil pesetas (8.350.000 ptas.), IVE incluído.

Lote nº 1, material informático: 5.203.064 ptas.

Lote nº 2, material audiovisual: 2.816.817 ptas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia