Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 5 de marzo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se publica a resolución desta dirección xeral do 25 de febreiro de 1998.

Con data do 25 de febreiro de 1998, esta dirección xeral dictou a resolución que se publica da que, téndose intentado, non se puido practica-la notificación a Mª Eugenia Rodríguez Couñago conforme establece a vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por isto, de conformidade co previsto no artigo 59.4º da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, publícase no Diario Oficial de Galicia o texto íntegro da resolución que tamén se anuncia no taboleiro de edictos do Concello de Redondela:

«Recibiuse neste centro directivo copia da resolución do subsecretario do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do día 7 de outubro de 1997. Mediante a dita resolución estimouse o recurso ordinario formulado por Milagros Quinteiro Esteve contra a Resolución do 26 de xullo de 1997 da Comisión de Selección de Persoal Laboral do Inserso (O.E.P. 1995) para a provincia de Lugo e categoría de coidador/a.

Como consecuencia da resolución estimatoria referenciada, remitiuse con data do 17 de outubro de 1997 unha nova relación de aprobados no concurso-oposición para postos de carácter laboral do Inserso na que xa figurou a Quinteiro Esteve para a categoría de coidador/a no Centro de Atención de Minusválidos Psíquicos de Sarria (Lugo).

Esta inclusión motivou que se excluíra da dita relación da Mª Eugenia Rodríguez Couñago, persoal coa que xa se asina o correspondente contrato laboral

de acordo coa relación nominal que figuraba no acordo da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante escrito do día 4 de novembro de 1997, o secretario xeral do Instituto de Migracións e Asuntos Sociais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, remite copia da devandita resolución e da nova relación de aprobados na convocatoria referida xunto coa documentación presentada pola recorrente, para que se «proceda á súa contratación, dado que as funcións e competencias do Inserso no citado centro foron traspasadas a esa Comunidade Autónoma, en virtude do disposto no Real decreto 213/1996, do 9 de febreiro». A consecuencia necearia da nova contratación que se indica neste escrito do 4 de novembro de 1997, será a rescisión do contrato laboral subscrito coa persoa que deixou de figurar na lista de aprobados elaborada segundo a Resolución do 7 de outubro de 1997 e que pasou a figurar na lista de aspirantes non seleccionados: Mª Eugenia Rodríguez Couñago.

Polo tanto, en virtude das razóns expostas e ó abeiro do previsto no Decreto 262/1994, do 29 de xullo e na Orde do 4 de abril de 1990 (Diario Oficial de Galicia nº 79, 24-4-1990),

RESOLVO:

Que se proceda a contratar a Mª Milagros Quinteiro Esteve para a categoría de coidadora no CAMP de Sarria (Lugo) e, consecuentemente, se extinga a relación laboral de Mª Eugenia Rodríguez Couñago no seu posto do CAMP de Sarria (Lugo).

A presente resolución esgota a vía administrativa, contra ela pode interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública