Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (236/1997-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 236/1997-10 por instancia de Carlos Moreno Barbera contra Ángel Hernández Jiménez e Gerardo Jiménez Jiménez nas actuacións dos cales, en resolución desta data, se acordou citar a Carlos Moreno Barbera co fin de que o día dezaseis de abril,

ás dez e vinte horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de prexudicado, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos Moreno Barbera, expido e asino en Santiago de Compostela o trece de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado