Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.472

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de novembro de 1997 pola que se regulan os requisitos que deben posuí-los profesores dos centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia para imparti-la área de lingua galega e literatura e as materias optativas da educación secundaria obrigatoria e bacharelato; determínanse os coñecementos necesarios de lingua galega dos profesores e o procedemento de habilitación para exerce-la docencia na educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 12.321 do luns 22 de decembro de 1997, procede face-la seguinte corrección:

Na páxina número 12.324, anexo I, punto 2 b), no anexo II deste párrafo b), onde di: «Electrónica, Mecánica, Tecnoloxía Industrial», debe dicir: «Electrotecnia, Mecánica, Tecnoloxía Industrial».