Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación incial do estudio de detalle Agarimo (expediente 4644/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle Agarimo, conforme a documentación presentada pola entidade Quecer, S.L., e redactada polos arquitectos Alberto de Cominges Molíns e Gonzalo Pérez Álvarez, e visado polo COAG con data do 5 de decembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Significándose que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde