Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o dia trece de febreiro de mil novecentos noventa e oito, acordou:

1º Aproba-lo estudio de detalle promovido por instancia de Mahía Santiago, S.L. dunha parcela situada en Cacheiras, dunha superficie de 7.710 m co plano de compensación anexo a aquel e que consta no expediente, clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2º Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 14 de febreiro de 1998.

Armando U. Blanco Martínez

Alcalde