Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 17 de febreiro de 1998, adoptou co quórum legal o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Quiroga, relativa á desprotección dunha superficie arredor do núcleo de Pacios, na serra do Courel, unha vez emitido o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 7/1985, do 29 de xuño, e no artigo 42.5 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos na devandita lexislación.

Mesmo, cumprindo o disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local (modificada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro

e no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase no BOP de Lugo a normativa e ordenanzas modificadas e entrará en vigor unha vez publicado o devandito texto íntegro conforme o disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril. Contra o presente acordo, definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte a aquel no que se publique este anuncio no último dos boletíns oficiais (BOP ou DOG), logo da comunicación ó Concello de Quiroga, de conformidade co disposto no artigo 110.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quiroga, 18 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado