Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (87/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data do 5 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Pérez Rodríguez, en representación de Promotora Promandor, S.L., o proxecto de urbanización da rúa B da zona 10 do SU-20 do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de quince millóns corenta mil setenta e unha pesetas (15.040.071 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de febreiro de 1998.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións