Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público número 1/97 polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da limpeza dos locais da Casa do Mar en Mollabao.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e para cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade a adxudicación do seguinte contrato:

C.P. nº 01/97:

Obxecto: limpeza dos locais da Casa do Mar en Mollabao.

Empresa adxudicataria: Limpiezas Cíes, S.L.

Importe: 9.739.224 pesetas anuais.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 29 do 12 de febreiro de 1997.

Pontevedra, 12 de marzo de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra