Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de febreiro de 1998, da área provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-83/020, conta 18).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade do establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula XIV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou se presenten na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 12 de febreiro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Francisco Sánchez Rodríguez e herdeiros.

Expediente: C-83/020 (DP-D 80/97).

Conta: 18.

Polígono de Caranza, bloque 5, P-25, baixo D (Ferrol).

Importe débeda: 1.332.243 ptas.