Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/108-2, 4799 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilanova, Sta. Marta e Casas do Río.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,066 km. A de Vilanova 0,022 km a de Sta. Marta e 0,136 km a de Vilarguide, sobre apoios de formgión. Tres centros de transformación de 50 kVA. 20.000/380/220 V. o de Vilanova-Vilarguide e 25 kVA. O de Sta. Marta. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al; R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al, R.Z.-0,6/1 kV-3x25-95 Al

para mellora do servicio eléctrico en Vilanova, Sta. Marta e Casas do Río, concello de Cervantes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo