Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/107-2, 4798 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pedrafita.

Situación: Pedrafita.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV a C.T. do Cebreiro con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,266 km, sobre apoios de formigón. Liña de media tensión a C.T. de Fontevedra cunha lonxitude de 0,021 km. Liña subterránea a C.T. do Cebreiro, con conductor R.H.V.-12/20 kV-3x95 Al, cunha lonxitude de 0.27 km. Cambio de tensión a C.T. de Fontevedra, C.T. telefónica, C.T. TVE Retevisión e C.T. do Cebreiro, para mellora do servicio eléctrico en Pedrafita.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo